Saturday 27 de April de 2024

Nova data para o concerto gratuíto de Roi Casal en Lousame: martes 12 de outubro no campo da festa de San Roquiño


Entrada de balde, reservas en www.bandoticket.com

O concerto “As músicas do Camiño” de Roi Casal en Lousame xa ten nova data: o martes 12 de outubro, ás 19:00 horas, no campo da festa de San Roquiño (Tállara). Un concerto previsto inicialmente para o pasado 26 de setembro pero que tivo que ser adiado debido ás adversas condicións meteorolóxicas.

O Concello de Lousame lembra que a entrada ao concerto continúa sendo de balde pero que haberá que facer reserva previa na plataforma www.bandoticket.com. Neste sentido, recorda que as reservas realizadas para o concerto do pasado 26 de setembro xa non son válidas, polo que as persoas interesadas en acudir ao concerto deberán facer unha nova reserva.

O concerto de Roi Casal está organizado polo Concello de Lousame, en colaboración co Xacobeo 21-22 e a Xunta de Galicia.